Acabo de recibir un regalo estupendo. Se trata de un trabajo serio, hecho de forma autónoma, a partir de lo que se ha producido en el aula, pero siguiendo pautas de autonomía y libertad, de autodesarrollo, un artículo sobre lo que es un grupo. Solo reproduzco una parte. El artículo es mucho más amplio. Un grupo de participantes se desarrollan grupal e innovadoramente en un espacio de aprendizaje ad hoc …. y después de analizar su propia experiencia y analizar y estudiar lo que eso significa escriben lo que sigue. Muy interesante lo que podemos conseguir con procesos de desarrollo endógeno grupal. Les recomiendo Teia da Vida y sus experiencias. Algún día analizaré en el blog la importancia de los weblogs grupales como instrumento proactivo de aprendizaje

GRUPOS E EQUIPOS DE TRABALLO.

O home é un animal gregario, un animal social, que actúa en manadas. Pódese decir tamén que o home é un ser competitivo. Por razóns de necesidade e supervivencia o home veuse obrigado a agruparse, comprobando ademáis que con estas agrupacións poden acadarse metas que individualmente non sería capaz de acadar.

No ámbito empresarial esta experiencia do ser humano ven de ser trasladada, configurando un grupo de técnicas que conforman unha disciplina para o desenvolvemento e a innovación.

Así, unha primeira definición sería a de organización, como conxunto de persoas que se reunen para acadar metas que por sí soós non serían capaces de conseguir. Hoxe en día o concepto de traballo en equipo persegue un novo reto: trata de satisfacer as necesidades socioculturais de todos os membros do grupo, conseguir a satisfacción persoal, mellorar o clima e xerar unha cultura organizativa sólida.

CONCEPTO DE GRUPO

En sentido amplo pódese definir un grupo como un conxunto de individuos que interactúan para conseguir unha realidade distinta á simple suma dos seus compoñentes. Nestes grupos que forman parte dunha organización os individuos:
· Interactúan frecuentemente para conseguir os obxectivos do grupo.
· Normalmente percíbense a sí mesmos como formando parte dun colectivo cos mesmos obxectivos.
· Satisfacen ademáis as súas necesidades individuais (pertenza, seguridade, recoñecemento).
· Comparten normas de conducta, o que cotribúe á súa cohesión.
· Ocupan postos interdependentes.
· Actúan de forma semellante a os outros membros do grupo de xeito que os comportamentos do grupo tenden a homoxeneizarse.
· Tenden a reducir ao máximo as diferencias interpersoais chegando á converxencia.

Como toda organización, os grupos e equipos teñen que asentarse sobre unha serie de valores de grande solidez. Estes valores son:
A) Sentido. O grupo debe ter un horizonte hacia o que dirixir as súas actuacións, e ademáis, debe recordar o que xa realizara.
B) Compromiso. É esencial a implicación dos membros no traballo, e a súa actitude inicial é básica. Para logralo é conveniente a motivación dos membros, e unha das formas é mediante a asignación de responsabilidades.
C) Respeto. Valor esencial que debe prevalecer en todo momento, diferenciando a confrontación de opinións da confrontación entre persoas.
D) Conciencia de límites. Todos e cada un dos membros do grupo deben coñecer e asumir as súas virtudes e carencias.
E) Responsabilidade. Os erros deben facernos responsables profesionalmente para mellorar.
F) Positividade. Deben extraerse das opinións dos demáis os elementos que suman e non os que restan. Maniféstase na regla do 80%.
G) Contrastación. As percepcións dos membros do grupo sobre calquera cuestión deben facerse comúns, evitando a extracción de conclusións individuais.
Estes poden considerarse os valores esenciais necesarios para o funcionamiento dos grupos de traballo, pero o “gran valor” é facer estes explícitos e practicalos como premisas de traballo.

De igual xeito que o traballo en grupos debe asentarse nunha serie de valores, tamén presentan unha série de fraxilidades:
A) A memoria, que nos grupos acostuma a ser débil e hai que reforzala mediante o observador.
B) Os límites no tempo. Os grupos deben tener un horizonte temporal limitado.
C) Os cambios ou renovacións nos grupos. A entrada de novos membros debe facerse de forma pausada e progresiva, de forma que se eviten traumatismos.
D) A falta de preparación das sesións, que pode provocar grandes pérdidas de tempo.
E) A sensibilidade ao entorno. Deben manterse as condicións de traballo.

Falar de equipo supón pensar necesariamente nun estado evolutivo máis tardío e maduro do grupo. Un equipo de traballo é un grupo humano, pero non calquera grupo. En ocasións, os individuos utilizan os grupos para lograr fines persoais ou para protexerse mutuamente. Cando se atopa un colectivo humano que combina unha alta moral, efectividade nas tarefas e unha clara relevancia para a organización, estase en presencia dun equipo.
Así, un equipo de traballo debe ter:
· Identidade en torno a unha meta: cada membro do equipo é capaz de definir o seu obxectivo colectivo e traballa para logralo.
· Tamaño axeitado: o equipo está composto por un número razoable de membros. O número e membros debe ser reducido para facilitar a comunicación entre eles.
· Organización interna: existe un conxunto de normas de actuación, de criterios para a solución de conflictos, un sistema de comunicación e unha distribución de papeis e roles.
· O equipo é único: cada persoa e a súa contribución ao proceso de desenvolvemento do equipo é única.
· Participación de todos os seus membros: o consenso é o método empregado para a dopción de decisións. É importante destacar o papel do líder como mediador, árbitro e en último termo, decisor das situacións conflictivas.
· Comprensión recíproca, apoio e recoñecemento mútuo: os compoñentes do equipo coñécense entre sí, reciben do resto confianza e axuda.
· Traballo nun ambiente axeitado, confortable e tolerable da diversidade de opinións e da crítica constructiva.
· Productividade: o equipo é o máis productivo posible, cada membro é capaz de adoptar as decisións máis beneficiosas para o proxecto común, posto que as metas e os procedementos de traballo están altamente consensuados e experimentados.

Son diversas as clasificacións de tipos de equipos de traballo, pero de xeito esquemático poden distinguirse os seguintes:
a) Os círculos de calidade. Son grupos pequenos de traballadores (4 ou 5).
b) Os grupos autónomos: o obxectivo principal é o de acercar o centro de decisións ao posto de traballo, xa que este grupo ten autoridade e responsabilidade para planificar e organizar o persoal e o traballo do grupo e para realizar o seu conseguinte control.
c) Os grupos de mellora contínua, desenvolvemento, operativos ou kaizen.
d) Os grupos Ad Hoc, adaptativos e temporais destinados a resolver problemas concretos mediante a participación de especialistas de diferentes disciplinas vinculadas co problema a tratar.

Na maioría das organizacións existe preferencia polos Grupos de Mellora Continua e Grupos Ad Hoc.

Entradas relacionadas

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *